Mostrando entradas con la etiqueta banda deseñada. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta banda deseñada. Mostrar todas las entradas
jueves, 20 de junio de 2019
Festa da lectura: Obradoiro para o grupo de banda deseñada
Para o grupo de Banda Deseñada, e sabendo a súa afección polos mangas e animes, Alba Souto organizou unhas batallas de rol cos heroes e heroínas máis coñecidos. Este grupo tivo tamén a ocasión de revisar as novas adquisicións que en manga e banda deseñada realizou a biblioteca, tendo en conta tamén as peticións dos propios participantes no club de lectura. Igualmente realizaron a enquisa de valoración proposta.
miércoles, 22 de mayo de 2019
Club de lectura de cómic: Buscando títulos
Os nosos expertos en cómic reuníronse na biblioteca para facer un listado de títulos que poidan pasar a engrosar os nosos fondos. Falaron de mangas para os máis pequenos e que aínda non temos: Pokemon, Noragami... e tamén para os máis maiores: Ataque de los titanes ou One punch man. Tamén recomendaron mercar clásicos tanto de Marvel como de DC: Lobo, Power girl, Batman ou La liga de la justicia. Tamén estivemos a falar do futuro da banda deseñada en Galicia: A viñeta de Schroëdinger, Antonio Seijas ou do novo álbum de Fon Barreiro Troglo e Dita, que presentará este vindeiro venres no Liceo de Noia. E por este curso rematamos... ou non....
martes, 9 de abril de 2019
Reunión do club de lectura de cómic de secundaria
Este mes tocoulle a Jacobo Fernández Serrano presentarnos a Archimboldo Roque e os seus peculiares e surrealistas amigos. Un universo inzado de humor, personaxes e situación inesperadas. Un humor intelixente e sutil. Gozamos moito coas súas historias.
viernes, 1 de diciembre de 2017
Segunda reunión do club de lectura de Secundaria: Tintín
Xa tiñamos ganas de voltar con Tintín e amigos. Na segunda sesión deste curso (venres 1 de decembro) viaxamos con el ao Tíbet e atopámonos con sherpas, monxes budistas e o mesmísimo Home das Neves. Reflexionamos sobre o valor da amizade,un dos temas máis importantes na entrega de Tintín no Tíbet.
viernes, 27 de octubre de 2017
COMEZA O CLUB DE LECTURA
XA VOLTAMOS!!!
Outro ano máis , con moitas ganas de comenzar a nosa andaina literaria. Este ano imos centrar o Club de Lectura nos detectives literarios. O primeiro foi Tintín:
Aquí estamos na primeira sesión, o vernes 27 de outubro. Como nos soubo a pouco, decidimos que a xuntanza de novembro tamén a adicaremos a Tintín, Milú e os seus amigos
Outro ano máis , con moitas ganas de comenzar a nosa andaina literaria. Este ano imos centrar o Club de Lectura nos detectives literarios. O primeiro foi Tintín:
Aquí estamos na primeira sesión, o vernes 27 de outubro. Como nos soubo a pouco, decidimos que a xuntanza de novembro tamén a adicaremos a Tintín, Milú e os seus amigos
domingo, 25 de enero de 2015
Atención Otakus!!
Por fin o lonxano oriente chegou á nosa biblioteca cun cargamento de Mangas para todas as idades!
Dende o coñecido Detective Conan, pasando por Dragonball, Keroro ou Magi para os mais novos ata Death Note, Blood+, El Monstruo ou Bakuman para os mais maiores. E se vos gustaría ser mangakas, tamén temos unha selección de libros que vos axudarán a mellorar os vosos dibuxos de manga ou de super-heroes. Non deixedes de pedilos na vosa biblioteca!!
jueves, 3 de marzo de 2011
A BANDA DESEÑADA ATERRIZA EN LOUSAME!!
O CEFORE de Santiago emprestou nestes días unha maleta cargadiña de cómics ao C.P.I Cernadas de Castro. Chámaselle cómic ou banda deseñada á unha serie de debuxos que constituen un relato. Nesta maleta viaxeira podemos encontrar cómics como: Galimatías, Persépolis, Maus, Tin Tin, Francia tiene miedo,....

Suscribirse a:
Entradas (Atom)