Mostrando entradas con la etiqueta club de lectura temático. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta club de lectura temático. Mostrar todas las entradas

viernes, 18 de marzo de 2016

Sexta reunión do club de teatro: O achado do Castro.



Nesta ocasión decidimos ler e representar a primeira parte de "O achado do castro" de Núñez Singala, a maioría de nós xa a lera en primaria pero sempre nos fai gracia a historia de Manolitus e Carmiñae, e sobre todo os dous ladróns....

viernes, 22 de enero de 2016

Cuarta reunión do club temático: "A visita do Inspector" de Fina Casalderrey


Hoxe tocou representar "A visita do Inspector" de Fina Casalderrey, Aínda que nos gustou e nos fixo rir moito, fáisenos máis graciosa a da consulta do médico.

viernes, 11 de diciembre de 2015

Tercera reunión do club de lectura temático: "A Consulta do Doutor" de Fina Casalderrey


Nesta reunión representamos o texto de Fina Casalderrey "A Consulta do Doutor", Pareceunos un texto tan divertido que cando acabamos, volvemos a representalo de novo... As personaxes que aparecen pola consulta son hilarantes e o doutor un tipo con moita paciencia... e moita cara!

viernes, 20 de noviembre de 2015

Segunda reunión do club de lectura temático


Nesta segunda reunión comezamos coa nosa andaina teatral falando de aqueles libros de teatro que coñeciamos, que en xeral son poucos, por suposto falamos do "Achado do Castro" de Núñez Singala que xa temos lido en varias ocasións no noso centro; tanto no club de lectura como de lectura de aula.
Finalmente decidimos que imos comezar por unha lectura por esqueches, en este caso tomados da obra "Recursos teatrais para a expresión dramática na escola" de Fina Casalderrey.

viernes, 16 de octubre de 2015

Club de lectura de secundaria e temático: Organizándonos

Hoxe 16 de outubro reunímonos na biblioteca do noso cole para organizar o club de lectura e temático deste curso.
Os rapaces e rapazas aportaron ideas e a súa visión dos clubs, o que lles gustaría facer.
Despois do intercambio de ideas e pareceres decidimos o seguinte: 
O club de lectura de secundaria, además de ler, queren escribir un relato colaborativo entre todos; a idea foi ir pasando o relato e facendo un capítulo cada un.
En canto ao club temático quedámonos con dúas actividades distintas pero moi apetecidas. Unha montar maquetas. A outra facer teatro. Queremos preparar unha obra e representala; se non nos atrevemos a facelo en público, grabaremos anacos coa cámara de vídeo e poñerémolos para ver na tele do cole.
Aos que non lles gusta actuar ofrecéronse a realizar os decorados, o atrezzo e a maquillaxe.
Temos que decidir qué obra imos representar, pero eso queda para outra sesión.

miércoles, 17 de diciembre de 2014

Club temático, xa imos comezando...



Neste mes estivemos lendo e aprendendo a utilización da cámara de vídeo da biblioteca. O manual de instruccións non nos costou entendelo, a cámara é de fácil manexo. Empezamos grabando unha pequena enquisa ás portas da biblioteca sobre cales son os libros preferidos dos nosos compañeiros e profes. Cando tivemos xa algunhas contamos co asesoramento da profesora de primaria e membro do equipo de biblioteca Elena Nieto, que nos ensinou a baixar o vídeo ao ordenador e as utilidades básicas do programa Movie Maker.

miércoles, 10 de diciembre de 2014

Un club temático de cine!!


Este ano o club temático vai de cine, aquí vedes o noso equipo de rapazas que farán de directoras, actrices, guionistas, montadoras, etc, etc... 
Tamén temos dous rapaces... que non saíron nesta foto pero que están...
O primeiro que fixemos foi botarlle un vistazo aos libros que temos no cole: 
As nosas reunións fanse nos recreos do martes e do venres. Irémosvos dando noticias e enseñándovos as nosas produccións.


lunes, 26 de mayo de 2014

"Operación buscando a Nemo" finalizada

Aquí estamos algúns de nós, pero somos máis...!

Como sabedes, o club temático andaba o ano pasado co proxecto de montar un acuario na biblio. O camiño foi longo... tivemos que pedir que instalaran uns enchufes no falso teito, limpar a peceira e convertila de acuario mariño a un de auga doce e pedímoslle axuda a Fran e alumnos/as de tecnoloxía para que pasasen uns tirafondos e asegura-la base.



Despois inda tivemos que carreta-la auga, enche-lo recipiente, mercar un par de cousiñas que nos facían falta e probar as bombas... A de osíxeno funcionaba ben, pero a da auga non. Amañáronnola no Zoolandia de Noia e, unha vez que comprobamos que funcionaba, pasamos a montar os filtros (3 clases de filtros 3!!) a desclora-la auga, a analizar e rectificar o PH e por último decora-lo acuario.

Belén (profe de química e física) explicándonos iso do PH

O que vedes é a cor verde que corresponde a o PH 7 e que é o que debe ter o noso acuario.

Xa só quedaba o máis arriscado... traer os peixes!

Este é Diego , é tranquilo e observador, é o primeiro en darse conta cando botamos a comida.

Este é Antonio que é moi curioso e inquedo, é o máis rebulideiro dos dous.

Aquí vese mellor. Pois xa coñecedes a Diego e Antonio (Cernadas de Castro)

Polo momento sobreviven e parecen contentos no seu novo territorio... Se todo vai ben en setembro os rapaces e rapazas do club temático elixirán cadaquén o seu peixe e poranlle nome.


Animádesvos a coidalos con nós?

Agradecementos a: Jesús Salanova, Ángela Ces, Natalia Coto, Zaira, Rita Cernadas, Germán, Belén, Fran e alumn@s, Celeste, e por suposto máis agradecementos aínda para Claudia, Tatiana, Adrián e Rubén. ( Se esquecín a algúen decídemo...!)

sábado, 15 de junio de 2013

Roteiro ás Fragas do Eume

Como o prometido é débeda ahí vai a crónica do noso tan desexado roteiro!
Primeiro un pouco de historia: este roteiro intentamos facelo xa vai dous anos pero o primeiro ano non foi posible por non contar co número mínimo de participantes e o segundo tivemos que cancelalo por un imprevisto xusto dous días antes da súa realización... xa pensabamos que o tiñamos gafado! Pero como dicía o noso Premio Nobel, Camilo José Cela, "neste pais o que resiste... triunfa!" e así foi, tras cambiar de data varias veces por mor doutras actividades e do mal tempo á quinta foi a vencida e ahí nos vedes:
Primeiro nos achegamos a o parque O Pasatempo de Betanzos, un legado máxico dos Irmáns García Naveiras.


 Logo de facer unha pausa e un picnic no espectacular Mosteiro de Monfero, e cunha xa considerable calor
subimos ao autocar para internarnos nas Fragas do Eume.



Como podedes apreciar nas fotos é un lugar paradisíaco que precisa toda a nosa protección para que perdure intacto por moitos séculos máis.










E que vos dicir do roteiro en kayak e o chapuzón no peirao? pois que non volo perdades!!! non tedes máis que clicar eiquí para saber como chegar...


Repostas as forzas cunha merendiña, só nos quedaba volver cantando baixiño.....
QUEN DIXO BAIXIÑO?

viernes, 15 de marzo de 2013

6ª reunión do club temático





Din que "o prometido é débeda" de modo que aquí tedes as imaxes dos nosos enxeños solares: O molino e o coche de carreiras.  Para que funcione o coche temos que cargar a pila que leva con enerxía solar. Na última foto vedes como estamos collendo enerxía para ... xogar un ratiño con el no corredor da biblio.
Non xogamos moito porque estivemos limpando a pecera ... Nin sequera deunos tempo a falar dos CDROM que leváramos para probar na casa.

viernes, 15 de febrero de 2013

5ª Reunión do club temático: Proba conseguida!


Ben, por fín rematamos a construcción do reloxio e o seu tic-tac alégranos a biblio! Os enxenios de enerxía solar xa casi están tamén rematados. Xa volos enseñaremos máis adiante.
Nesta sesión tamén levamos para casa CD ROMs educativos sobre ciencias e entrenamento mental. Na vindeira sesión vos contaremos o que nos pareceron....

viernes, 18 de enero de 2013

4ª Reunión club temático: Falando de libros e CDRoms

Nesta nova xuntanza estivemos comentando os libros e os CD ROM que traían. Parecéronnos moi divertidos e fáciles de ler, ao mesmo tempo contan moitas cousas curiosas de fácil comprensión. Cos CDRom tivemos algúns problemas dependendo dos nosos ordenadores... xa nos comentaredes!

viernes, 14 de diciembre de 2012

3ª Reunión club temático: Somos ecolóxic@s


Este mes estivemos tentando montar de novo unhas maquetas (é que gústanos moito...) aínda que as atopamos un chisco máis difíciles que as de Da Vinci. Son unhas maquetas para facer diferentes vehículos que funcionan por medio de enerxia solar. Non nos deu tempo a avanzar moito pois as instruccións e as pezas son algo complicadas pero seguro que o conseguiremos.
Nesta ocasión déronnos "deberes", temos uns libros cuns CDs con xogos para aprender cousas sobre os vikingos, os indios, os exipcios... etc. Xa vos contaremos!

viernes, 23 de noviembre de 2012

2ª Reunión do club temático: revisando revistas...

Como sempre, unha das tarefas deste club é decidir que revistas divulgativas imos comprar para a Biblioteca, as que estivemos revisando foron:







Lede os nosos comentarios para saber a nosa opinión....

viernes, 19 de octubre de 2012

O club temático ataca de novo...

Hoxe venres 19 de outubro estamos de novo reunidos nun club temático. Neste club non nos adicamos a ler ficción senón que lemos sobre cousas reais que nos interesan.
Nesta ocasión estamos a montar as máquinas deseñadas por Leonardo da Vinci... con moito éxito pola nosa parte como podedes ver... Fáltanos a catapulta que aínda non nos chegou, pero o temos para unha vindeira reunión.
Que, a que vós tamén tedes gañas de participar? Pois vos esperamos nas vindeiras reunións!






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...