Mostrando entradas con la etiqueta Xornadas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xornadas. Mostrar todas las entradas
viernes, 28 de marzo de 2014
Estivemos nas Xornadas do Plambe 2013-14
Queremos destacar este ano a utilidade das Xornadas para imbricar as ciencias e a lectura. Tanto o impulso da lectura dende as materias de ciencias, como o impulso que dende a biblioteca se debe dar á lectura de obras científicas ou de puro coñecemento.
sábado, 9 de junio de 2012
V Xornadas dos Clubs de Lectura
Benqueridos compañeiros e compañeiras do Club de Lectura... Aquí nos tedes esta mañá aínda un pouco durmidos, é certo, antes de comenzares esta xornada de comunicación cos membros doutros clubs de lectura de Galicia. Traemos as libretas cheas de títulos de libros que estamos desexando ler, de ideas a poñer en práctica para o vindeiro ano e os cerebros rebulindo como "mariposas brancas" de "verbas que conforman o pensamento" e das reflexións de Eliacer, Inés, Víctor e Carlos.
O mellor da xornada: Eses rapaces e rapazas que, sentados detrás da mesa grande e do micrófono, foron quenes de nos emocionar ata o máis fondo!
A todos eles, aos relatores dos obradoiros do alumnado, moderadores, representantes dos clubs e a Cristina e Pilar moitas grazas por este sábado inesquecible!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)