Mostrando entradas con la etiqueta Club lectura 3º e 4º E.P.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Club lectura 3º e 4º E.P.. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de junio de 2019

Festa da lectura: Obradoiro para o club de piratas







 
Nesta ocasión o alumnado de segundo ciclo de primaria, integrante do club de piratas, tiveron a ocasión de gozar dun obradoiro impartido por Alba Souto no que, despois de ler fragmentos de diferentes libros sobre piratas, fixeron un manifesto pirata nun pergameo, uns barquiños en papel con desexos,  e unha bandeira pirata que fixeron ondear para celebrar o final deste curso.
Posteriormente visitaron a aula de informática onde xunto con María Jesús (a animadora do grupo) coñeceron o presente blog da biblioteca e tiveron ocasión de deixar os seus comentarios sobre os post que recollen a súa actividade neste ano e igualmente respostaron a unha enquisa de valoración das actividades realizadas.
Bo verán piratas!!

miércoles, 12 de junio de 2019

Enquisa final do club de lectura

Enquisa para 2º Ciclo de Primaria Club de Piratas  clica eiqui
Enquisa para 3º Ciclo de Primaria Club de Exploradores clica eiqui
Enquisa para Secundaria Club de Banda Deseñada clica eiqui
Enquisa para Secundaria Club de Cine e Intriga clica eiqui

martes, 7 de mayo de 2019

Club de lectura de piratas, última sesión




Nesta a nosa última reunión deste curso tivemos a sorte de contar coa visita dun "auténtico pirata" que nos contou e cantou "Rique, o pirata, e o loro Pocholo". Tivemos ocasión de participar no conto como lobiñas e cadeliñas e de cantar con el unha canción. E ata atopamos un tesouro agochado !!
Moitas grazas a Enrique Blanco pola súa colaboración.

martes, 23 de abril de 2019

Club de lectura 2º ciclo primaria: Piratas e barcos

Nesta ocasión, ademáis de continuar coa lectura do capítulo 8 do libro de Agustín F. Paz, "A escola de Piratas", onde aparece xa o Capitán Kidd, tivemos ocasión de facer unha pequena representación do "amotinamento" que aparece en dito capítulo.
Ademáis botámoslle un vistazo a dous libros que temos na biblioteca que tratan sobre barcos e piratas: aquí os tedes; quedan na biblioteca, animádevos a descubrilos!!


miércoles, 20 de marzo de 2019

martes, 26 de febrero de 2019

Club de lectura de 2º ciclo primaria: Escola de piratas

Nesta reunión do club estivemos lendo o capítulo 3 "Unha viaxe inesperada", e decidimos que a nós gustarianos que o noso cole tamén baixara pola aba da colina ata o río Tállara e acabásemos na riá de Noia, ainda que millor dixemos de quedar na casa, non vaia ser que fiquemos sen comida suficiente.
Para a vindeira reunión apetécenos traer os nosos debuxos e decidimos que imos montar un barco pirata... ou dous!!

jueves, 31 de enero de 2019

Club de lectura 2º ciclo de primaria; seguimos coa Escola de Piratas

Nesta reunión seguimos lendo e comentando o capítulo 2 da escola de piratas, Dona Clara pareceunos moi estirada e cáenos moi ben a profe Ana. A algún de nós tamén nos gusta escribir contos, se cadra traemos algún para a vindeira sesión do club.
Seguiremos informado...

martes, 11 de diciembre de 2018

Reunión de decembro do club de piratas (segundo ciclo de primaria)



Nesta reunión comezamos a ler e comentar o libro "A escola dos piratas" de Agustín Fernández Paz, e coñecemos a Marta, a protagonista, unha nena que vai a un cole que case podería ser o noso... e que vive nun pobo... que tamén podería ser o noso. Temos moito interés por saber máis dela. Na seguinte reunión do club contarémosvos máis cousas.

martes, 13 de noviembre de 2018

Club de lectura 2º ciclo de primaria: Tres piratas, unha bruxa e algo máis...



Nesta reunión pasámolo moi ben con esta poesía fantástica de Daniel Ameixeiro, cunha fantástica ilustración de Suso Cubeiro. O conto sóubonos a pouco.

viernes, 11 de mayo de 2018

O Club de lectura desde mes é moi importante para nós, xa que neste més celebrase o Día das Letras galegas, un día moi importante para a nosa terra, Galicia.
Por iso, nesta última sesion do club de lectura quixemos facerlle un homenaxe ás nosas letras, a nosa lingua e realizamos diversas tarefas:
Primeiro eliximos entre todos as palabras en galego que mais nos gustaban, por ser as mais bonitas, por que nos encanta como sonan ou o que significan...
Despois cada alumno/a buscou no diccionario o siginificado de dúas palabras, ,leeunas para os demais compañeiros e decorounas. 
Por último colocamolas todas nun panel que titulamos "Palabras nosas, palabras fermosas", aqui tedes o resultado:

viernes, 6 de abril de 2018

Reunión de abril do club de lectura de 2º ciclo de primaria: O día do libro


Este mes é un mes moi importante para o noso Club de lectura, xa que o día 23, conmemoráse o Día Internacional do Libro e dos dereitos de autor.
Na sesión do club de lectura de este mes, fixemos unha lectura sobre este día tan importante. Aprendimos que elixiuse o 23 de abril para conmemorar esta data porque é a data na que morreron dous escritores moi importantes, Miguel de Cervantes e William Shakespeare. 
Ademais para recordar este día realizamos un "mini libro" aquí o tedes:



lunes, 6 de noviembre de 2017

Club de Lectura: grupos de Primaria

Este mes de novembro comenzamos cos Clubs de primaria, Os alumnos de 6º tiveron a primeira sesión con Cristian o luns día 6 e os de 3º e 4º con Nerea o martes 7. Mirade unha foto dos alumnos de 6º, si que estaban ben contentos!!!
A vindeira semana tócalles aos de 5º.

lunes, 15 de mayo de 2017

Derradeira reunión do club de lectura de 2º ciclo de primaria: Carlos Casares

A temática en torno a que celebramos esta reunión é o Día das Letras Galegas. Para comezar, investigamos un pouco sobre a vida e obra de Carlos Casares e vemos un fragmento da obra de teatro As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas interpretado polo Centro Coreográfico Galego. Despois coloreamos unha lámina de inspiración pop art de Carlos Casares.

lunes, 24 de abril de 2017

Sexta sesión do club de lectura de 2º ciclo de primaria: Mes do libro

 

A reunión de abril xirou en torno ao libro. Falamos de distintos xéneros literarios e comentamos cales son os que máis nos gustan, os nosos autores favoritos, os contos que máis nos gustaban de pequenos e cales nos seguen entusiasmando agora... A continuación xogamos a descubrir os libros favoritos dos nosos compañeiros e compañeiras. Cada neno/a debuxou nun folio a portada do seu libro favorito, sen escribir nela o título do libro nin do autor. Logo, amosábanas diante do grupo de estudantes, que tiña que adiviñar de que libro se trataba. Algúns eran máis complicados de adiviñar que outros e, nese caso, os rapaces podían dar ata un máximo de tres pistas. Resultou ser unha actividade moi divertida para os nenos e nenas. Descubrimos, ademais, que a autora que máis se repetiu entre eles foi Ledicia Costas, coas súas obras Esmeraldina, a pequena defunta e Escarlatina, a cociñeira defunta.

lunes, 13 de marzo de 2017

Quinta reunión club lectura de 2º ciclo de primaria: Semana da prensa

Na sesión desenvolvida en marzo centrámonos en traballar o rexistro informativo e o texto periodístico. Formando grupos de dous, tres ou catro nenos e nenas (dependendo da tarefa a realizar), convertéronse en periodistas por un día. Uns representaron unha entrevista a un personaxe famoso/a, outros presentaron o telexornal, outros interpretaban anuncios publicitarios... Foi unha sesión moi dinámica e divertida para eles, na que houbo unha grande implicación por parte de todos os nenos e nenas.

lunes, 13 de febrero de 2017

Cuarta reunión club de lectura de 2º Ciclo de Primaria: Poemas de amor

 

Na reunión do club de lectura do mes de febreiro celebramos o mes do amor. Para comezar, vemos un corto sobre esta temática e despois, entre todos os nenos e nenas, lemos varios poemas de amor. Para rematar, todos eles fixeron unha ou dúas tarxetas para agasallar aos seus seres queridos (algún amigo ou amiga especial, un familiar...), expresándolles os seus sentimentos e agradecéndolles formar parte das súas vidas.

lunes, 16 de enero de 2017

Terceira reunión club lectura 2º Ciclo de Primaria: Poemas pola paz


A  temática desta sesión xirou entorno o día da Paz, que se celebra o 30 de xaneiro. Durante a reunión lemos varios poemas sobre a paz e os nenos e nenas contribuíron ao recital propoñendo os seus propios versos sobre esta temática. Para finalizar, fixeron algunhas manualidades, como unha pomba da paz ou unha mandala, na que se representaban rapaces e rapazas de distintas nacionalidades coas mans unidas arredor do mundo.

lunes, 5 de diciembre de 2016

Segunda reunión club lectura 2º Ciclo de Primaria:


A temática da reunión foi o Nadal e, aproveitando que na clase contamos cun proxector e pizarra dixital, vemos uns fragmentos dun conto de Charles Dickens, Conto de Nadal. Despois do visionado do vídeo falamos sobre as tradicións de Nadal na nosa terra, que é o que máis nos gusta destas festas... Tamén elaboramos unha tarxeta de felicitación para agasallar aos nosos seres queridos.

lunes, 14 de noviembre de 2016

Club de lectura de 2º ciclo de primaria: Samaín


Aproveitando a festividade do Samaín e a temática do medo, elaboramos un conto de terror entre todo o grupo. Unha vez redactada a historia, fixemos unha lectura dramatizada do conto. O alumnado amosouse moi participativo e disfrutaron moito propoñendo as súas ideas e contribuíndo á redacción da historia.

domingo, 19 de junio de 2016

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...