Mostrando entradas con la etiqueta club lectura rapaces. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta club lectura rapaces. Mostrar todas las entradas

miércoles, 12 de junio de 2019

Enquisa final do club de lectura

Enquisa para 2º Ciclo de Primaria Club de Piratas  clica eiqui
Enquisa para 3º Ciclo de Primaria Club de Exploradores clica eiqui
Enquisa para Secundaria Club de Banda Deseñada clica eiqui
Enquisa para Secundaria Club de Cine e Intriga clica eiqui

lunes, 13 de mayo de 2019

Club de lectura de intriga: O cumpremortes



Nesta derradeira sesión do club de lectura pasamos moita intriga coa historia do cumpremortes, pertencente ao libro "Cando petan na porta pola noite" de Xabier P. Docampo. Gustounos moitísimo e ao mesmo tempo fíxonos pensar sobre a liberdade persoal ante as circunstancias da vida.

miércoles, 24 de abril de 2019

Reunión do club de lectura de cine: A lección de August


Nestas dúas sesións estivemos comentando os momentos que máis nos impactaron do libro, e comentamos os outros libros relacionados coa historia, así mesmo discutimos e reflexionamos sobre o acoso, os problemas familiares y escolares e os preceptos do Sr Brown.

martes, 9 de abril de 2019

Reunión do club de lectura de cómic de secundaria

Este mes tocoulle a Jacobo Fernández Serrano presentarnos a Archimboldo Roque e os seus peculiares e surrealistas amigos. Un universo inzado de humor, personaxes e situación inesperadas. Un humor intelixente e sutil. Gozamos moito coas súas historias.

Concurso de banda deseñada

O alumnado de francés de 1º de ESO A, en colaboración co club de lectura de cómic, organizou un concurso de banda deseñada en galego sobre temática etnográfica galega para homenaxear a Antón Fraguas e enlazando con actividades previas do departamento de francés (Feira de Banda Deseñada de Angulema). Dito concurso está dirixido a terceiro ciclo de primaria e secundaria. Informarémosvos dos resultados.

lunes, 1 de abril de 2019

Exposición de cómic galego







O alumnado de 1º de ESO A, xunto co do club de lectura de cómic organizaron unha exposición no corredor do colexio arredor da banda deseñada galega. Esta exposición estará ata a volta das vacacións de Pascua. Nela podedes ver títulos como Marcopola, O Bichero, Golfiño, ou de autores tan prestixiosos como Miguelanxo Prado, Xaquín Marín, Kiko da Silva, Pepe Carreiro ou banda deseñada de temática histórica.

viernes, 29 de marzo de 2019

Club de lectura de cómic: Golfiño e os invasores

Este mes retardamos un pouco a reunión debido a outras actividades e exames pero aquí estamos igualmente, nesta ocasión para seguir ao protagonista Golfiño e as súas amizades nunha delirante aventura para impedir que os extraterrestres se apoderen do noso planeta....

viernes, 22 de marzo de 2019

Reunión do club de lectura de intriga de secundaria


Nesta ocasión lemos e analizamos o proceso de narración oral/escrita por medio da historia do corcovado, un dos contos das mil e unha noites. Reflexionamos sobre os recursos para manter a atención e a intriga da que fai gala este clásico universal. Tamén reparamos la concepción misóxina da sociedade da época.

miércoles, 27 de febrero de 2019

Club de lectura de cómic:O bichero

Este mes comezamos falando dos nosos cómics favoritos para seguir rindo a escachar o humor de Carlos Davila e "O bichero", a señora do sacho é xa unha máis da familia...



lunes, 11 de febrero de 2019

Club de lectura de cine de secundaria: Peter Pan



Este mes de febreiro adicámoslle a nosa reunión á figura de Peter Pan, lemos varios capítulos do inicio do libro de J.M. Barrié na traducción de Alberto Avendaño para a Editorial Galaxia.
Chamounos moitísimo a atención a diferencia entre o libro e a película de Disney.
Captamos moi ben no libro a inquedanza do autor no que representa ter que facerse maior. Tamén chamounos a atención como se reflicte no libro o drama de non poder alimentar aos fillos e ter que deixalos na inclusa. Tamén nos chamou moito a atención o comportamento "infantil" do pai cara a menciña.

viernes, 25 de enero de 2019

Club de lectura cómic: Obradoiro de cómic por Fon Barreiro



Co gallo do festival de Angulema e en colaboración co departamento de francés o venres 25 de xaneiro organizamos un obradoiro de cómic para alumnado de 5º e 6º de primaria (dúas primeiras horas da mañá) e 1º e 2º de ESO (dúas últimas horas da mañá). O alumnado de primaria creou unha persoaxe orixinal para Curuxa e os de secundaria organizaron un story-board a partires dun guión previamente redactado.

Fon Barreiro, o primeiro pola dereita na imaxe.

martes, 15 de enero de 2019

Club de lectura de intriga: reunión de Xaneiro

Nesta ocasión rematamos o relato das aventuras de Aleixandre e Belisario e soubemos o que é unha anfisbena. Non nos pareceu tan intrigante como o conto do colar de Maupassant, pero gustounos o ambiente medieval.



martes, 18 de diciembre de 2018

Club lectura BD secundaria: Lobos ou lebres, gatos ou ratos?



Nesta nova sesión do club de lectura estivemos comentando a obra de Manuel Cráneo "Os lobos de Moeche" que trata sobre a rebelión irmandiña e puxémola en relación coa obra de Art Spiegelman "Maus", facendo una reflexión sobre a dominación e  depredación duns seres humáns contra outros. Tamén reflexionamos sobre o cómic como medio gráfico e literario de expresión de feitos históricos ou autobiográficos.

martes, 4 de diciembre de 2018

Reunión do club de lectura de intriga (secundaria)


Nesta ocasión gozamos co relato Haec sunt nomina de Ana García, que nos submerxiu na atmosfera dun scriptorium da Edade Media, cuns monxes que dibuxan seres fantásticos sobre os seus bifolios de vitela... pero aparentemente algúns deses seres fantásticos existen de verdade...
O volumen 5 de  Contos Estranos da editorial do mesmo nome que dirixen Fernando M. Cimadevila e Tomás González Ahola está adicado a elas... (Ana García, Maruxa Martínez, Suzi Ons, Érica Couto, Patricia Mariño, Xulia M. Barros, Lúa Campos, Beatriz Guerra, Maria Eijo e Tuula Ahola)  as nosas escritoras noveis de Galicia. Non volo perdades, hai contos para tódolos gustos!!

martes, 20 de noviembre de 2018

Club de Banda Deseñada: A viñeta de Shröedinger


Nesta reunión tivemos o pracer de ler e comentar o primeiro número da revista A viñeta de Schröedinger, con historietas de Miguelanxo Prado, Kiko da Silva e outros debuxantes saídos do Garaxe Hermético.
Encantounos; recomendámovosla encarecidamente!!!

martes, 6 de noviembre de 2018

Club de lectura de cine segunda reunión


Nesta sesión finalizamos a nosa comparación entre a novela A princesa prometida e a película, vimos que o principal cambio é que se acurtan moitas partes descritivas e narrativas do libro para condensalo na película, a lectura do libro é por iso moi recomendable xa que nos aporta moita máis información sobre o que lle aconteceu tanto aos protagonistas como aos persoaxes secundarios.

lunes, 22 de octubre de 2018

Club de lectura de secundaria de cómic: A noite de Samaín



Dadas as datas nas que nos atopamos atraeunos moito comezar o noso club de banda deseñada con esta obra de Pepe Carreiro que nos gusta moito pero que  polo de agora nos produce máis risa que medo... Ata a póxima sesión!

lunes, 15 de octubre de 2018

Club de lectura de secundaria, intriga con Guy de Maupassant


Nesta primeira sesión do grupo de intriga lemos o conto "O Colar" de Guy de Maupassant, e ao que lle demos una valoración media de 8 pola intriga que nos creou e polo inesperado final.

miércoles, 10 de octubre de 2018

Club de lectura de cine: La Princesa Prometida

     


Nesta primeira sesión lemos e comentamos parte do  primeiro capítulo deste coñecido libro de William Goldman que foi levado á escea no ano 1987 polo director Rob Reiner cos actores e actrices Robin Wright, Cary Elwes, Mandy Patinkin, Chris Sarandon etc...





viernes, 28 de septiembre de 2018

Club de lectura de secundaria, primeira sesión

Nesta sesión reunímonos para decidir qué temas nos intersaba tocar dentro do noso club de lectura, finalmente decidímonos por tres: cine, relatos de intriga e cómic.
De modo que este curso faremos tres grupos para comentar as nosas obras favoritas e outras propostas polo club.
Nesta primeira sesión tamén falamos dos libros que máis nos gustaron últimamente, e saíron os seguintes que recomendámoslle a lectores de secundaria:
- La lección de August
- Ivy Pocket
- La pirámide roja
- ¿Quien mató a Inmaculada Silva?
- El paciente
E para os lectores máis novos recomendamos outros que tamén nos gustaron:
- Kika Superbruja.
- Chivos Chivones
- A serie Bolechas.


Xa vedes que tedes recomendacións para todos os gustos...
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...