Mostrando entradas con la etiqueta ciencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ciencia. Mostrar todas las entradas

lunes, 9 de marzo de 2015

8 de Marzo, día da Muller Traballadora





Co gallo do 8 de marzo volvemos a colocar no expositor da sala de profesores unha selección de materiais á disposición dos docentes. Na pantalla do corredor principal expuxemos durante toda a semana unha presentación powerpoint  feita en Proxecto Interdisciplinar das principais científicas de todos os tempos. O mércores catro grupo de rapazas de 1º de ESO de seis alumnas cada grupo pasará por aulas de primaria para contarlle aos rapaces e rapazas a vida destas destacadas e, ás veces descoñecidas científicas.


domingo, 30 de noviembre de 2014

Novembro: mes da ciencia en galego!

Este mes da ciencia o celebramos primeiramente co día da ciencia en galego, o día 4 de novembro, como xa víchedes no seu post.
Despois tivemos a sorte de contar coa visita de Cibrán Santamarina que nos falou das partículas subatómicas e da "caza" ao Bosón de Higgs no CERN.





Aproveitamos para facer unha exposición no corredor principal sobre este tema, unindo o máis pequeno (átomos e partículas) co máis grande (planetas, galaxias e universo). Por exemplo: un panel sobre Fabiola Gianotti, la primera mujer directora del CERN



Estructuras molecurares feitas polos alumnos/as de 1º de ESO de Atención Educativa.


Os libros de Lucy e Stephen Hawking sobre o universo adecuados para rapaces a partires de 3º ciclo de primaria: La clave secreta del universo.

Outras lecturas que recomendamos son: La puerta de los tres cerrojos e os libros sobre as investigadoras galegas.




Na última semana de novembro, cambiamos os nosos fondos para que poidérades descubrir as revistas científicas que temos na nosa biblioteca.










martes, 4 de noviembre de 2014

4 de novembro: Día da Ciencia en Galego

Para festexar esta data fixemos unha exposición dos distintos recursos científicos en galego dos que dispón a biblioteca. E unha boa nova: acábase de declarar o mes de novembro mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Aquí tedes a nova dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares. Non vos perdades o manifesto de Ángel Carracedo!!







lunes, 11 de noviembre de 2013

Semana da Ciencia








Seguindo o lema deste ano "Ler ciencia na biblioteca escolar" démoslles o protagonismo que merecen a estes libros seleccionados entre os que falan de ciencia e están na nosa biblioteca. Para que non estivesen sós aderezámolos cunhas maquetas de Leonardo da Vinci e un proxector estelar con estrela fugaz incluida ... E xa sabedes! estes e otros libros estupendos espéranvos na biblioteca.

domingo, 3 de noviembre de 2013

IV Día da Ciencia en Galego



O 4 de novembro celébrase o IV Día da Ciencia en Galego;  este ano adicado a:
 Richard Buckminster Fuller , famoso polo deseño e desenvolvemento de cúpulas xeodésicas, por acuñar termos como “Sinerxia” e por incidir na eficiencia enerxética e de materiais e pola sostibilidade.

foto:http://basellafala.blogspot.com.es/



A Florence Nightingale, pioneira da enfermaría moderna, destacada feminista e impulsora dunha educación para a capacitación profesional.







foto:http://www.biography.com

 E por último a Isaac Díaz Pardo, figura polifacética do galegismo, en este caso destacando a súa faceta como deseñador.
A USC ten preparadas unha serie de actividades que podedes consultar premendo eiqui.

foto: http://www.usc.es/gl/servizos/snl/dinamizacion/cienciaengalego_2013.html


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...