Mostrando entradas con la etiqueta AlmadeB. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AlmadeB. Mostrar todas las entradas

sábado, 14 de marzo de 2015

Roteiro literario Avilés de Taramancos "Alma de beiramar"

Cando a finais do curso pasado decidimos que o proxecto documental integrado para este curso era O Mar e os Océanos buscámoslle un título. Que mellor que atopalo na obra de Avilés de Taramancos. "Alma de Beiramar" xurdiu do seu libro de poemas "A través do espello". Impoñíase un roteiro por Noia adicado ao autor. E velaiquí o tedes:





 Comezamos visitando o Museo do Mar de Noia por onde nos guiou Félix González, quen nos relatou a historia que liga Noia e Lousame co mar: Motores Ayón e O Forte; marisqueo e tráfico marítimo. Tamén cal foi a relación de Antón Avilés co mar, utilizando poemas que leron Laura, Lucía, Eva e Alisa. Contounos quen era O Andrucho e vimos tamén a fotografía de Olga, o seu barco, ambos recordados nos poemas e textos de Avilés. Falounos da fauna mariña e dos especimes cos que conta o museo, tanto de cunchas, osos como de fósiles. Por último, levounos a bordo do seu barco co que tivemos que afrontar unha tempestade que puxo a proba as nosas aptitudes como mariñeiros/as.
Atracamos en porto seguro sans e salvos... e moi divertidos!




Despois fomos ata a sede da Editorial Toxosoutos e Gráficas Sementeira, onde nos recibiu D. Manuel González Millares, o seu xerente, quen nos amosou como se imprimían os libros antigamente, e como se fai hoxe en día. Agasallounos ademáis coa "Aproximación didáctia á obra de Antón Avilés de Taramancos" do que están a publicar a súa segunda edición.







Posteriormente o noso roteiro transcurriu polo centro de Noia, con parada na Praza do Tapal, onde lemos fragmentos dos artigos "Noia" e "Os tempos do wolfram" do libro recopilatorio Obra Viva 


Pasamos despois pola Tasca Típica, negocio que rexentara Avilés no seu retorno a Galicia, e alí esperábanos unha sorpresa: Santiago Avilés Baquero tivo a amabilidade de acercarse para falarnos da figura do seu pai e responder ás preguntas que sobre el lle fixemos.

Pola tarde, despois do xantar na Pizzería Venecia dirixímoso á última parte do noso roteiro: A visita ao Pazo Varela Radío onde as palabras do seu propietario D. Manuel Varela Uña guiáronnos dende as páxinas do seu libro ""De memoria. A fuerza de tiempo" do cal lemos un fragmento que describe a casa e a monumental entrada


Manuela Suárez amosounos os xardíns: as palmeiras e araucarias, as dúas bidwilliis (ver 22F), os magnolios, camelias, satíns, fayas, loureiros etc... Deunos tempo a descansar nos miradores, cantando repichocas e lendo os artigos:  "Elexía de vellas árvores e antigos perfumes" e "O noso mar: unha leira que ninguén traballa" de novo do libro Obra Viva. Por último rematamos o roteiro coa lectura do poema "A Cerdeira" do libro Cantos Caucanos.




Creo que nos soubo a pouco, de modo que aquí vos deixo coa propia voz de Antón Avilés de Taramancos, quedan nas vosas mans os seus libros para que os gocedes.

O noso máis sinxelo agradecemento a Félix, Manuel, Goretti, Ángel, Óscar, Santiago, Veiras, Manuela e acompañantes polo seu apoio, o seu saber e o seu tempo.

viernes, 27 de febrero de 2015

Nova reunión do club de lectura de secundaria



Este venres reunímonos de novo, como vedes polas fotos para prepararnos xa para a celabración do 8 de marzo. Comezamos a nosa reunión lendo a definición de feminismo do libro "Yo no soy feminista pero..." de Sophie Grillet  e lemos parte do "Diario Violeta de Carlota" de Gemma Lienas



Lembramos a  Malala, Emilia Pardo Bazán e Rosalía de Castro; de esta última lemos e cantamos coa versión de Amancio Prada  "Adios ríos, adios fontes"



Por último presentamos ao grupo seguintes libros que tamén vos recomendamos:



A segunda parte da reunión adicámoslla a Xaquín Marín, do cal relatamos a súa traxectoria no mundo do Cómic e como fundador e director do Museo do Humor de Fene.
Del lemos as historietas "O emigrante" entroncando coa poesía de Rosalía e "A leiteira". Presentamos a "Gaspariño" e reflexionamos sobre distintas viñetas dos "pes" e da "testa". Viñetas recollidas a maioría do volume "Dos pés á testa" e  "Cen + cen pés". Inquietounos moito a súa visión áceda e crítica da vida.

viernes, 30 de enero de 2015

Reunión de xaneiro do club de lectura de secundaria



O pasado venres 30 de xaneiro tivemos a reunión do club de lectura de secundaria, que comezamos poñendo proa á Paz cunha frota de barcos que tansportaban frases célebres sobre a paz. Aproveitando este día lemos ás poesías La Muralla de Nicolás Guillén (esta tamén a cantamos), Pido la Paz y la Palabra de Blas de Otero, Masa de César Vallejo e La Poesía es un Arma Cargada de Futuro de Gabriel Celaya.

Tamén celebramos o día da paz en prosa co relato Declaración de Manuel Núñez Singala, recollido no libro Instrucións para tomar café. Do que tamén lemos o divertido Cocido Familiar, aproveitando que o Entroido vénsenos enriba.

Pero non quixemos esquecer que hoxe tamén era o Día da Ilustración homenaxeando a Castelao e falando das estupendas novelas gráficas das que dispomos na biblioteca e que tiveron moito éxito entre os rapaces, sobre todo a de Emigrantes e El curioso caso de Benjamin Button.


sábado, 13 de diciembre de 2014

Roteiro Miguelanxo Prado...de cine!

Nesta ocasión adicamos o noso roteiro a un ilustrador: Miguelanxo Prado e ao cine en galego.
Para iso, dirixímonos á Coruña, onde naceu Miguelanxo Prado hai uns cantos aniños... alí, e antes de falar de Miguelanxo, dirixímonos ao MUNCYT, ou Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, onde temos uns desafíos que resolver (Pasámolo bomba con Pepexán e Marilú).



Despois tiñamos pensado pasear polo parque da torre de Hércules para ver o seu parque escultórico e ler algunhas lendas relacionadas con el, pero a tarde foi desapacible. Tomamos un café nos Rosais de Coruña onde atopamos unha estupenda exposición de figuríns das películas O Señor dos Aneis e o Hobbit.


Xa pola tarde volvemos cara a Santiago de Compostela onde visitamos a exposición CineGalicia25 no Gaiás onde teñen unha mostra moi representativa do noso audiovisual.



E por último rematamos coa exposición Mar Interior sobre Miguelanxo Prado no Museo das Peregrinaciones e de Santiago.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...