Mostrando entradas con la etiqueta concurso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concurso. Mostrar todas las entradas

lunes, 5 de diciembre de 2011

Mes Cunqueiro: Webquest para Secundaria


O exame de literatura
Aquí tedes un exame que acabo de corrixir,  que, como podedes ver,  entre o que esqueceu  e o que inventa vouno ter que suspender! A non ser que lle botedes unha man e lle digades que cousas ten que poñer ben. Eu en total contei 12.
Álvaro Cunqueiro  naceu fai cen anos  no mes de decembro, o vintedous creo, nunha vila (1) de Galicia onde viven os mindoninos,. Os seus país foron Pepita e Joaquín, e el foi o segundo de cinco irmáns. De neno tivo unha infancia moi feliz pero cando o enviaron ó Instituto de Lugo custoulle adaptarse. Alí fíxose amigo doutro alumno (2) co que lle gustaba ler contos de lobos á lus do candil.
Fíxose grande e veu estudar a Santiago; gustáballe moito ler, e as tertulias nun café (3) que aínda  está na esquina da praza de Galicia enfronte dun hotel, bo!, é moi vello claro, e ten mesas verdes desas antigas. É moi famoso… pero non me lembro do nome.  En Santiago fíxose amigo de outro escritor famoso (4), un de Ferrol… que tamén cumpriu o centenario o ano pasado; e coñeceu outros  persoeiros máis...
Máis adiante editou dúas revistas (5) Xogaina e Retranca, creo, e pola Guerra Civil instalouse como profesor nunha vila (6) que é famosa polo seu festival folk.
Rematada a Guerra Civil, e xa por Madrid, manifestou a súa admiración por un tipo (7) que tamén era moi famoso, que hasta lle fixeron unha película! Sí, saía Ariadna Gil, e o guión baseábase nunha novela famosa dun tal Cercas.
Despois coñeceu unha moza que se chamaba (8) como unha das fillas do Cid (isto subirame a nota non profe?) e casou con ela.
Respecto á súa obra, escribiu contos, poesías, ensaios... nos títulos aparecen os nomes de outros personaxes literarios famosos: (9) Romeo, Aquiles, Gandalf e Popeye.
E gustáballe moito a comida; incluso fixo un libro de cociña (10) que teñen as cociñeiras. E tamén lémbrome que na nosa biblioteca hai un libro dun amigo seu (11) que fala da alma de Galicia, un libro vello deses que é granate por fora, se ata o vin que estaba cos que falan de Galicia e o folclore e tradicións.
E morreu o 28 de febreiro, e quería que lle puxeran de epitafio (12): “Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria.” – ou este era o de Lois Pereiro? Mimá! Pa min que me trabuquei de chuleta.
Bueno profe... darame para aprobar?
Escribe as túas respostas e envíanolas antes do 22 de decembro  nun correo electrónico a lendoenlousame@hotmail.es,  ou tamén podes introducir unha folla coas respostas no buzón de Dinamización Lingüística. Non esquezas indicarnos o teu nome, apelidos e curso!

Mes Cunqueiro: Webquest para Primaria



Este ano celébrase o centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro, un dos maiores escritores en lingua galega, e gustaríanos que disfrutárades con nós da súa obra. Para elo vos propoñemos o seguinte: Buscade en Internet a solución ás seguintes preguntas:
1-  1-    Álvaro Cunqueiro naceu en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911. Na foto superior vedes a súa estatua fronte a un monumento moi coñecido de Mondoñedo, cal? Pista 1
2-    2-  Tiña na vila o seu lugar favorito que era? Pista 2
3-    3-  Mondoñedo é unha terra de paraxes máxicos e lendas, o máis coñecido “As covas do Rei Cintolo”, segundo a lenda a que ora pode saír a princesa Mafada e ser vista polos que visitan a cova? Pista 3
4-     4- Outro persoeiro moi famoso de Mondoñedo é o Rei das Tartas. Saberías decirnos o seu nome? Pista 4
5-   5-   Se cadra esta maxia que envolve Mondoñedo inspirou a Cunqueiro as historias sobre outros persoaxes literarios famosos, poderías alomenos citarnos dous destes persoaxes? Pista 5
6-   6-   Da poesía de Cunqueiro fixéronse moitas cancións. Pódedes decirnos quen é a protagonista desta  ? Pista 6
7-   7-   Un dos persoaxes imaxinarios dos que nos fala Cunqueiro é o Gatipedro.  Anímaste a facer un debuxo do Gatipedro?

“O gatipedro é un gato branco que ten na cachola un corno mouro; o gatipedro ven polas noites ás casas, e párase nas habitacións nas que hai nenos durmindo. Entón o gatipedro ponse a verquer auga polo seu corniño, e o neno, en sonos, escoitando o pingar da fontiña aquela soña que mexa, e de verdade mexa na cama. Pra espantar ó gatipedro abonda con botar unhas areas de sal á porta do cuarto e ó pé da fiestra. O gatipedro anda apoiándose, ademais de nas catro patas, na língua e, probando coista o sabor do sal, o gatipedro dá a volta e prosegue a súa nuturnia viaxe, deixando ós nenos da casa en paz. “ Escola de menciñeiros. Álvaro Cunqueiro.

8-     8- Que cousa rara fai este cabalo que aparece na obra de Cunqueiro “Os outros feirantes” ? Pista 7
9-   9-   Por último, que dúas famosas frases figuran na súa tumba? Pista 8
1010- O máis importante, cada clase presentará un traballo conxunto e todos os gatipedros que queira. Haberá un agasallo por clase. Boa sorte!

Quen puidera namorala!



O martes 20 pola tarde
Na biblioteca mismiña
Tes que levar unha folla
coa solución da adiviña.

A cambio do teu traballo
, se o fixeches con paixón,
Mamá Noel encantada
Cantarache esta canción

Contéstalle co refrán
E se a deixas namorada
Unha sorpresa dourada
Pousará na túa man!

Adiviña:
                “Quen puidera debuxala,
                 Quen puidera nomeala,
                 Meu amigo...”

domingo, 27 de noviembre de 2011

Finalistas do concurso "Logo da mascota da biblioteca" O León de Libros

 Eiquí tedes unha visión xeral do taboeiro de entrada á nosa biblioteca, onde temos expostos os traballos finalistas, incluído o León tridimensional que temos enriba da mesa. Queremos darvos as gracias polo elevado número de leóns que nos enviáchedes, e foi difícil decidirse... e aínda estamos niso.
Podedes ver aquí os finalistas da categoría de secundaria:

Os finalistas do terceiro ciclo de primaria:


 Os finalistas de primeiro e segundo ciclo de primaria:


E os dos máis pequeñines: os finalistas de infantil

domingo, 29 de mayo de 2011

Iván Paz é o que máis sabe de cabalos do cole!



Este venres 28 de maio levouse a cabo na biblioteca do noso cole a gran final do concurso "Eres o/a que máis sabe de cabalos do cole?"
Xa nas fases eliminatorias destacara o nivel de coñecementos dos participantes/as:
1ª Semana:
Diego Cruz + Lorena García + Lucía Agrafojo contra José Manuel Nimo + Cristina Regenjo + Lorena Rodríguez. Os equipos quedaron empatados gañando o de Diego por "morte súbita".
2ª Semana:
Iván Mourelos + Alicia Mouriño + Natalia Vázquez contra Rafa Crespo +Cristina Dacuña + Rebeca González, nesta ocasión gañou o equipo de Rafa aínda que tiveron que bregar contra as temidas "preguntas de historia e xeografía das razas de cabalos".
3ª Confrontación:
Iván Paz +Leonor Pose + Marina Martínez contra Iván Quinteiro + Gemma Roo + Yolanda Nimo, a pesares de que os rapaces de primeiro de ESO veñen pisando forte, impúxose a veteranía de Iván Paz.
Na final - podedes ver na foto que as risas domiñaron o concurso- o equipo de Iván Paz foi o contundente vencedor.
A organización do concurso (moi même...) quere dar as grazas a todos os participantes e público asistente polo bo rato que nos fixeron pasar ... e non se pode dicir que non aprendemos unha morea de cousas sobre o mundo dos cabalos....
E que estes rapaces e rapazas valen un mundo!!!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...