Mostrando entradas con la etiqueta Cunqueiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cunqueiro. Mostrar todas las entradas

martes, 20 de diciembre de 2011

Mamá Noel ficou namorada...




O martes 20 de decembro, Mamá Noel pasou pola nosa biblioteca enterada de que estabamos celebrando o centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro, e recibiu a visita das nenas e nenos de Infantil, que souberon da súa visita por un paxariño... que neste caso foi unha pomba dourada. Cantaron, falaron de contos, e leron o do cabalo de Alberte Merlo, os nenos e nenas fixeron uns espectaculares debuxos da pomba dourada.
Pódovos dicir que Mamá Noel quedou namorada do voso entusiasmo e tenrura...

lunes, 5 de diciembre de 2011

Mes Cunqueiro: Webquest para Secundaria


O exame de literatura
Aquí tedes un exame que acabo de corrixir,  que, como podedes ver,  entre o que esqueceu  e o que inventa vouno ter que suspender! A non ser que lle botedes unha man e lle digades que cousas ten que poñer ben. Eu en total contei 12.
Álvaro Cunqueiro  naceu fai cen anos  no mes de decembro, o vintedous creo, nunha vila (1) de Galicia onde viven os mindoninos,. Os seus país foron Pepita e Joaquín, e el foi o segundo de cinco irmáns. De neno tivo unha infancia moi feliz pero cando o enviaron ó Instituto de Lugo custoulle adaptarse. Alí fíxose amigo doutro alumno (2) co que lle gustaba ler contos de lobos á lus do candil.
Fíxose grande e veu estudar a Santiago; gustáballe moito ler, e as tertulias nun café (3) que aínda  está na esquina da praza de Galicia enfronte dun hotel, bo!, é moi vello claro, e ten mesas verdes desas antigas. É moi famoso… pero non me lembro do nome.  En Santiago fíxose amigo de outro escritor famoso (4), un de Ferrol… que tamén cumpriu o centenario o ano pasado; e coñeceu outros  persoeiros máis...
Máis adiante editou dúas revistas (5) Xogaina e Retranca, creo, e pola Guerra Civil instalouse como profesor nunha vila (6) que é famosa polo seu festival folk.
Rematada a Guerra Civil, e xa por Madrid, manifestou a súa admiración por un tipo (7) que tamén era moi famoso, que hasta lle fixeron unha película! Sí, saía Ariadna Gil, e o guión baseábase nunha novela famosa dun tal Cercas.
Despois coñeceu unha moza que se chamaba (8) como unha das fillas do Cid (isto subirame a nota non profe?) e casou con ela.
Respecto á súa obra, escribiu contos, poesías, ensaios... nos títulos aparecen os nomes de outros personaxes literarios famosos: (9) Romeo, Aquiles, Gandalf e Popeye.
E gustáballe moito a comida; incluso fixo un libro de cociña (10) que teñen as cociñeiras. E tamén lémbrome que na nosa biblioteca hai un libro dun amigo seu (11) que fala da alma de Galicia, un libro vello deses que é granate por fora, se ata o vin que estaba cos que falan de Galicia e o folclore e tradicións.
E morreu o 28 de febreiro, e quería que lle puxeran de epitafio (12): “Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria.” – ou este era o de Lois Pereiro? Mimá! Pa min que me trabuquei de chuleta.
Bueno profe... darame para aprobar?
Escribe as túas respostas e envíanolas antes do 22 de decembro  nun correo electrónico a lendoenlousame@hotmail.es,  ou tamén podes introducir unha folla coas respostas no buzón de Dinamización Lingüística. Non esquezas indicarnos o teu nome, apelidos e curso!

Mes Cunqueiro: Webquest para Primaria



Este ano celébrase o centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro, un dos maiores escritores en lingua galega, e gustaríanos que disfrutárades con nós da súa obra. Para elo vos propoñemos o seguinte: Buscade en Internet a solución ás seguintes preguntas:
1-  1-    Álvaro Cunqueiro naceu en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911. Na foto superior vedes a súa estatua fronte a un monumento moi coñecido de Mondoñedo, cal? Pista 1
2-    2-  Tiña na vila o seu lugar favorito que era? Pista 2
3-    3-  Mondoñedo é unha terra de paraxes máxicos e lendas, o máis coñecido “As covas do Rei Cintolo”, segundo a lenda a que ora pode saír a princesa Mafada e ser vista polos que visitan a cova? Pista 3
4-     4- Outro persoeiro moi famoso de Mondoñedo é o Rei das Tartas. Saberías decirnos o seu nome? Pista 4
5-   5-   Se cadra esta maxia que envolve Mondoñedo inspirou a Cunqueiro as historias sobre outros persoaxes literarios famosos, poderías alomenos citarnos dous destes persoaxes? Pista 5
6-   6-   Da poesía de Cunqueiro fixéronse moitas cancións. Pódedes decirnos quen é a protagonista desta  ? Pista 6
7-   7-   Un dos persoaxes imaxinarios dos que nos fala Cunqueiro é o Gatipedro.  Anímaste a facer un debuxo do Gatipedro?

“O gatipedro é un gato branco que ten na cachola un corno mouro; o gatipedro ven polas noites ás casas, e párase nas habitacións nas que hai nenos durmindo. Entón o gatipedro ponse a verquer auga polo seu corniño, e o neno, en sonos, escoitando o pingar da fontiña aquela soña que mexa, e de verdade mexa na cama. Pra espantar ó gatipedro abonda con botar unhas areas de sal á porta do cuarto e ó pé da fiestra. O gatipedro anda apoiándose, ademais de nas catro patas, na língua e, probando coista o sabor do sal, o gatipedro dá a volta e prosegue a súa nuturnia viaxe, deixando ós nenos da casa en paz. “ Escola de menciñeiros. Álvaro Cunqueiro.

8-     8- Que cousa rara fai este cabalo que aparece na obra de Cunqueiro “Os outros feirantes” ? Pista 7
9-   9-   Por último, que dúas famosas frases figuran na súa tumba? Pista 8
1010- O máis importante, cada clase presentará un traballo conxunto e todos os gatipedros que queira. Haberá un agasallo por clase. Boa sorte!

Quen puidera namorala!



O martes 20 pola tarde
Na biblioteca mismiña
Tes que levar unha folla
coa solución da adiviña.

A cambio do teu traballo
, se o fixeches con paixón,
Mamá Noel encantada
Cantarache esta canción

Contéstalle co refrán
E se a deixas namorada
Unha sorpresa dourada
Pousará na túa man!

Adiviña:
                “Quen puidera debuxala,
                 Quen puidera nomeala,
                 Meu amigo...”

domingo, 4 de diciembre de 2011

Os outros feirantes, Escola de menciñeiros


Lendo estes libros, quen non quixera coñecer á voadora de Serantes, Rosa Martiño, Tristán García, Perrón de Braña e tantos outros e outras, Síntome gris e imaxinaria ante tanta cor e tanta vida como puxo Don Álvaro Cunqueiro nestes retratos. Que vos pareceron

jueves, 1 de diciembre de 2011

Centenario do nacemento de Àlvaro Cunqueiro


Como sabedes, este que remata foi o ano Cunqueiro, no que se celebrou o centenario do seu nacemento. O noso centro quere sumarse a esta celebración cun mes adicado a Don Álvaro con diferentes actividades:
- Unha exposición de distintos materiais no taboleiro de normalización.
- Unha recomendación de páxinas web feita polo Departamento de Língua Galega do cole.
- Tres webquest para os tres niveis de alumnado: infantil, primaria, secundaria neste mesmo blog (etiquetas: concurso, Cunqueiro).
- Unha maleta viaxeira coas obras de Cunqueiro e outros autores que estará a disposición do profesorado.
- Un menú Cunqueiro que poderedes degustar o 20 de decembro no comedor escolar
- Un cartel e díptico conmemorativos.
Recomendámos tamén que vexades a seguinte presentación feita polo equipo da biblioteca do CEIP Condesa de Fenosa, Barco de Valdeorras.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...