Mostrando entradas con la etiqueta poesía primaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poesía primaria. Mostrar todas las entradas

martes, 11 de diciembre de 2012

Nós tamén somos poetas!




O Elefante
O elefante chora porque non quería durmir.
Durme elefantito meu que a lua vaiche ouvir!
Papá elefante xa estaba cerca
ouvíanse as súas pegadas na sabana...

Laura Pérez Sabugueiro





Poemas do Sol e a Lúa
O Sol e a Lúa
escriben poemas
que deixan nas rúas
con moito agarimo aos animais e ás persoas.

Poema da Lúa
poema do Sol
poemas e poemas
no teu corazón.

Paula Vázquez Rois




O vento co sol
o sol co vento
e os dous xuntos
forman un gran corazón.

Laura Pérez Sabugueiro




Sabes algunha poesía de memoria? Pois escríbea nos comentarios...
Ou se cadra anímaste a compoñer unha...

jueves, 1 de marzo de 2012

Imos de entroido

Que tal de novo? O pasado día 17 de febreiro celebramos o entroido no club de lectura de primaria e deleitámonos con poemas de Gianni Rodari,  Yolanda Castaño, Issa, Gloria Sánchez e Antonio García Teixeiro.  Convidámosvos a ler poemas, rimas, haikus, contos en verso, retrousos, adiviñas, etc...

Mentras lemos, estabamos de troula. Tamén fixemos gravacións en vídeo das devanditas lecturas. No entroido, xa se sabe, a festa está asegurada. Aquí vos deixamos a imaxe dunha das gravacións. Esperamos que durante todo o mes de marzo disfrutedes lendo e recitando poesías. Lembrámosvos que  o vindeiro día 21 de marzo celébrase o día mundial da poesía, así que o dito: a ler, declamar e crear poemas verbais ou visuais.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...