Este luns 13 de febreiro reunímonos as integrantes do club de lectura adultos para comentar as nosas impresións sobre o libro de María Dueñas, prácticamente todas coincidimos en que o libro ten dous ritmos diferentes: unha primeira parte que nos enganchou, con personaxes e situacións moi atractivas (Candelaria, Félix, a relación co seu amante, as peripecias ata montar o salón de costura...) e unha segunda parte algo máis fría e un chisco anodina dende que comeza a andaina de espía da protagonista. Gustounos e sorprendeunos que se volvese a tratar a guerra do wolframio, neste libro dende o trafego de mineral entre Galiza e Portugal.
Déixovos tamén esta ligazón a un blog temático sobre o libro, blog realmente interesante....