Mostrando entradas con la etiqueta Secundaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Secundaria. Mostrar todas las entradas

domingo, 25 de enero de 2015

Atención Otakus!!



Por fin o lonxano oriente chegou á nosa biblioteca cun cargamento de Mangas para todas as idades!
Dende o coñecido Detective Conan, pasando por Dragonball, Keroro ou Magi para os mais novos ata Death Note, Blood+, El Monstruo ou Bakuman para os mais maiores. E se vos gustaría ser mangakas, tamén temos unha selección de libros que vos axudarán a mellorar os vosos dibuxos de manga ou de super-heroes. Non deixedes de pedilos na vosa biblioteca!!

miércoles, 12 de diciembre de 2012

E ti que sabes de Celso? (webqués do revés)


Día 12 do 12 do 12 ás 12h12 minutos....A FIN DO MUNDOOOOOO?
-NOOOOOOOOOOOOOOOOOON-

Celso Emilio está de centenario!, e seica foi un gran poeta... ou letrista? Dígoo porque hai moitas cancións en youtube coas súas verbas... Ben, pois imos divertirnos un anaco cunha webquest ao revest... ,ou sexa, que tes que contestar ás seguintes preguntas. Nalgunha delas terás que achar algún dato, pero na maioría terás que dar a túa opinión persoal... ou contarnos algo... ou xa veremos!!
Por suposto pode que haxa un agasllo... ou non, ou ao revés, ou varios, ou o agasallo sexa para Celso Emilio (ou para a que suscribe). Veña, empezamos:

1- Primeiro tes que facer de crítico/a musical... cal destas versións do poema "Deitado frente ao mar"  che gusta máis?:
- Versión rap de Cantor Hippie

- Versión de Dios ke te crew

- A versión de "As Barxas"

- A do CEIP da Barqueira:






Eu xa teño a miña favorita... veña animádevos a contestar que faremos un ránking....!!!!

2-Esta é faciliña (para que te animes a seguir). Escoita este poemiña e fainos unha pequena estrofa de catro versos contándonos a que lle dirías ti "NON" - catro versos de medida e rima libre-


3-Imos preguntar algo complicadiño, que se non isto non ten graza!! Escoita esta canción e a ver se es quen de averiguar que outro nome ten este poema de Celso Emilio...:

4- Vaia, que xa o sabes... pois outra. Aquí tes uns "Consellos" de Celso Emilio, cantados por Amancio Prada; podes atopar algún refrán galego que veña dicir más ou menos o mesmo...?



5- Seguro que algún dos teus devanceiros/as  podería ter composto este poema. Eu adicaríallo ao meu avó, que foi zoqueiro;  e ti, a quen llo adicas? En que traballou?



6- Escoita esta canción de Fuxan os Ventos, "Irmaus", poema musicado de Celso Emilio. A que situación actual lla aplicarías? (Xa sei que hai moitas... pero eu só che pido que me digas unha).


7- Xa, directamente... quen foi "María Soliña":?



8- Véxote moi posto/a. Pois xa que estás, quen foi Moraima?


9- E como nuns días entraremos no inverno. Cantas veces "Chove" na canción seguinte?


 10- (E última) Segundo esta canción de Miguel Ángel Gómez Naharro, onde quere morrer o poeta?



Vale, que xa as tes todas contestadas - ou unhas poucas-:Non sei a que agardas para escribir as túas respostas premendo en COMENTARIOS!, non esquezas poñer o teu NOME e SÓ AS INICIAIS dos teus dous APELIDOS, xunto co número e letra do teu curso.

TES DE PRAZO ATA O 13 de xaneiro ás 13 horas.

viernes, 26 de octubre de 2012

1ª Reunión do club de lectura dos rapaces de secundaria


Xa estamos aquí de novo, un ano máis volvemos con novas lecturas e con máis integrantes. O noso grupo vai medrando, vai parello ás nosas ganas de comezar a comentar as nosas lecturas. Pasamos a primeira xornada na biblioteca escollendo os nosos libros e familiarizándonos coa súa nova disposición.
En breve, comentaremos nesta mesma entrada as nosas lecturas do verán, non teñen perda, debedes seguirnos.
Os libros que imos comentar a finais de novembro son os seguintes: 



La vuelta al mundo en 80 días
Colmillo Blanco
Memorias dunha vaca
As vacacións máxicas de John Liberty
Suena el timbre
La flecha negra
O conde de Viloide
El mundo perdido
Mi familia y otros animales
El signo de los cuatro
A máscara de palma
Febre
Palabra de nadie
Chocolat
Rúa Carbón
Lágrimas de sangre
Respirando cerca de mi
Lágrimas de sangre
O contador de estrelas
A praia dos afogados
Astérix e o fouciño de ouro
El secreto de hombre muerto
Los viajes de Gulliver

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...