Temos novos libros sobre educación para levar en empréstito na zona de pais.
Mostrando entradas con la etiqueta exposicións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta exposicións. Mostrar todas las entradas
lunes, 12 de octubre de 2015
domingo, 30 de noviembre de 2014
Novembro: mes da ciencia en galego!
Este mes da ciencia o celebramos primeiramente co día da ciencia en galego, o día 4 de novembro, como xa víchedes no seu post.
Despois tivemos a sorte de contar coa visita de Cibrán Santamarina que nos falou das partículas subatómicas e da "caza" ao Bosón de Higgs no CERN.
Estructuras molecurares feitas polos alumnos/as de 1º de ESO de Atención Educativa.
Os libros de Lucy e Stephen Hawking sobre o universo adecuados para rapaces a partires de 3º ciclo de primaria: La clave secreta del universo.
Despois tivemos a sorte de contar coa visita de Cibrán Santamarina que nos falou das partículas subatómicas e da "caza" ao Bosón de Higgs no CERN.
Aproveitamos para facer unha exposición no corredor principal sobre este tema, unindo o máis pequeno (átomos e partículas) co máis grande (planetas, galaxias e universo). Por exemplo: un panel sobre Fabiola Gianotti, la primera mujer directora del CERN
Estructuras molecurares feitas polos alumnos/as de 1º de ESO de Atención Educativa.
Os libros de Lucy e Stephen Hawking sobre o universo adecuados para rapaces a partires de 3º ciclo de primaria: La clave secreta del universo.
Outras lecturas que recomendamos son: La puerta de los tres cerrojos e os libros sobre as investigadoras galegas.
Na última semana de novembro, cambiamos os nosos fondos para que poidérades descubrir as revistas científicas que temos na nosa biblioteca.
viernes, 24 de octubre de 2014
Día da Biblioteca Escolar
Este ano a nosa celebración do Día da biblioteca tiña por obxectivo difundir algúns dos fondos meños coñecidos da nosa biblioteca.
Todos o profesorado recibiu un díptico cunha relación dos aparellos tecnolóxicos, audiovisuais ou de apoio cos que conta a biblioteca, así como os recursos que poden atopar no blogue da biblioteca e apartado da biblioteca na páxina web do centro.
No corredor principal fixemos unha exposición cos libros-xogo, pop-ups e libros maqueta.
Como apoio á decoración contamos con esculturas-libro e poemas visuais feitos por alumnos e alumnas de Educación Plástica de secundaria.
Diante da Biblioteca, aproveitamos as vitrinas para expoñer parte dos libros adicados e asinados polos propios autores, que nun momento dado nos visitaron para achegarnos á súa obra.
No centro, e presidindo, puxemos o libro de visitas da nosa biblioteca.
A conmemoración dos 50 anos de Mafalda tamén tivo o seu espazo na sala de profesores onde acompañou unha mostra de libros de máis ou menos a súa época, cunhas doces sonrisas galegas para darnos enerxía ...
viernes, 21 de marzo de 2014
jueves, 16 de enero de 2014
Expresar as emocions e falar dos problemas
Empezamos o segundo trimestre traballando sobre a expresión das emocións, os sentementos e os problemas que nos preocupan. Para elo fixemos unha escolma de libros que nos permiten abordar estes temas e con eles unha exposición na sala de profesores para difundilos e poñelos a disposición dos docentes.
Como a final de mes celebraremos o Dia da Paz, é un bo pretexto para empezar a cimentala por medio dunha expresión e resolución sana dos confilictos. Esperamos que vos gusten!
Como a final de mes celebraremos o Dia da Paz, é un bo pretexto para empezar a cimentala por medio dunha expresión e resolución sana dos confilictos. Esperamos que vos gusten!
domingo, 8 de diciembre de 2013
A Semana da Constitución e o Estatuto
Aproveitamos esta semana para darlle unhas voltiñas á Constitución e ao Estatuto de Autonomía de Galicia poñendo a disposición do profesorado esta serie de materiais dos que dispón a biblioteca.
lunes, 25 de noviembre de 2013
25 Novembro
Como todos os anos dende a biblioteca fixemos unha recopilación de materiais para que os profesores/as os teñan a man para as actividades de aula que programen. No monitor que temos no corredor de dirección proxectamos unha serie de vídeos para infantil e primaria con contos para reflexionar.
Aproveitamos para amosarvos tamén uns traballos feitos cos rapaces e rapazas polo departamento de Orientación:
Aproveitamos para amosarvos tamén uns traballos feitos cos rapaces e rapazas polo departamento de Orientación:
miércoles, 2 de octubre de 2013
Xa estamos de volta no Día Mundial da Tradución!
jueves, 1 de noviembre de 2012
Voilà la francophonie!
Aproveitando a visita dos nosos correspondientes franceses organizamos unha exposión de materiais en francés que podedes atopar na nosa biblioteca (máis algún do departamento de francés ou da profe). Esperamos que os desfrutedes e refresquedes o voso vocabulario...
miércoles, 28 de marzo de 2012
Exposición de libros sobre necesidades educativas especiais
Nesta semana contamos no nosos expositor da sala de profesores cunha selección de materais sobre necesidades educativas especiales como autismo, discapacidades, dificultades na aprendizaxe... e tamén unha serie de contos da Editorial Kalandraka específicos para alumnado con autismo. Esperamos que nos sexan de utilidade...
martes, 27 de marzo de 2012
27 de marzo: Día do Teatro
Para celebrar o día do teatro, a biblioteca pon a disposición dos profesores e das aulas unha ampla mostra de obras teatrais, dirixidas a alumnos dende infantil ata secundaria, para que poidades pasar un día facendo "moito teatro". Hai que salientar a magnífica labor que o club de lectura de PDC está facendo, pois levan todo o curso adicados a ler distintas obras teatrais. Podedes seguir a súa traxectoria baixo a etiqueta "club de lectura PDC". Por outra banda o club de lectura de primaria sumouse á iniciativa teatral lendo de forma dramatizada a obra "O achado do castro" de Manuel Núñez Singala, lectura que ven sendo regularmente interrumpida polas risas que produce a obra. A experiencia é do máis divertida, recomendámola!!
miércoles, 21 de marzo de 2012
21 de Marzo: Día da Árbore e da Poesía
No noso cole celebramos tanto o Día da Árbore como o Día da Poesía cunha selección de obras para todas as edades.
Ademáis os alumnos e alumnas integrantes do club de lectura de primaria participaron nun vídeo onde recitan fragmentos de poesías que previamente elexiron.
lunes, 12 de marzo de 2012
12-16 de Marzo, Semana da Prensa na Escola
No Cernadas de Castro celebramos a Semana da Prensa na Escola, cun punto de lectura no que ademais da prensa diaria política e deportiva, expusemos outros materiais relacionados co periodismo: os dosieres de prensa do noso centro, as recompilacións das primeiras páxinas do Correo Galego e da Voz de Galicia, e libros de xornalismo como o de Suso de Toro e Xurxo Lobato sobre o desastre do Prestige e outros sobre a profesión de xornalista ou o xornalismo en Galicia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)