Mostrando entradas con la etiqueta Neira Vilas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Neira Vilas. Mostrar todas las entradas

domingo, 29 de noviembre de 2015

A nosa pequena homenaxe a Xosé Neira Vilas


Lembraremos ese día en que Anisia e mais ti estivéstedes con nós. O diálogo arredor dos vosos libros, o xantar compartido con nós no comedor . O voso paso breve polos espazos do cole. A emoción de ver recreado a Balbino pola maxia da palabra e o xesto de Cándido Pazó e cada una das vosas palabras que permanecen gardadas nos libros da biblioteca, esperando a que outras mans as abran e sexan de novo lidas e vividas.

domingo, 4 de noviembre de 2012

Memorias dun neno labrego



"Balbino. Un rapaz de aldea. Coma que dis, un ninguén."
Nada máis lonxe da realidade que "un ninguén" posto que probablemento houbo milleiros de Balbinos na nosa historia da Galiza, incluso hoxe en día, tecnoloxías a parte,  un pode sentirse reflectido/a nas cavilacións e vivencias persoais deste neno que tiña que se erguer antes do amencer e deixar o traballo feito para poder ir a escola. Escola que, por miragre, disfrutou en galego. Historia dos nosos pais e avós que ían tres ou catro anos á escola cando podían para aprender a ler, escribir e "as catro regras"
As memorias que Don Xosé Neira Vilas nos trasmitiu de Balbino, coa súa linguaxe sinxela, directa, sintese de lentas oras nas leiras ollando pra vida e con pequenas conversas cos veciños nos trafegos cotiás, debuxan a vida con liñas duras, negras, como coiteladas, como tan ben soubo plasmar Isaac Díaz Pardo nas súas ilustracións. 
"Xurei para min que cando chegue a grande farei cousas de valemento para non morrer de todo cando morra".
Neso si que non se equivocou Balbino, pois de certo, non ha morrer endexamáis. Nen quedarán Xosé Neira Vilas nin Dona Anisia fóra da nosa memoria
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...