Mostrando entradas con la etiqueta Fon Barreiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fon Barreiro. Mostrar todas las entradas
miércoles, 22 de mayo de 2019
Club de lectura de cómic: Buscando títulos
Os nosos expertos en cómic reuníronse na biblioteca para facer un listado de títulos que poidan pasar a engrosar os nosos fondos. Falaron de mangas para os máis pequenos e que aínda non temos: Pokemon, Noragami... e tamén para os máis maiores: Ataque de los titanes ou One punch man. Tamén recomendaron mercar clásicos tanto de Marvel como de DC: Lobo, Power girl, Batman ou La liga de la justicia. Tamén estivemos a falar do futuro da banda deseñada en Galicia: A viñeta de Schroëdinger, Antonio Seijas ou do novo álbum de Fon Barreiro Troglo e Dita, que presentará este vindeiro venres no Liceo de Noia. E por este curso rematamos... ou non....
viernes, 25 de enero de 2019
Club de lectura cómic: Obradoiro de cómic por Fon Barreiro
Co gallo do festival de Angulema e en colaboración co departamento de francés o venres 25 de xaneiro organizamos un obradoiro de cómic para alumnado de 5º e 6º de primaria (dúas primeiras horas da mañá) e 1º e 2º de ESO (dúas últimas horas da mañá). O alumnado de primaria creou unha persoaxe orixinal para Curuxa e os de secundaria organizaron un story-board a partires dun guión previamente redactado.
Fon Barreiro, o primeiro pola dereita na imaxe.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)