Mostrando entradas con la etiqueta club lectura PDC. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta club lectura PDC. Mostrar todas las entradas

domingo, 19 de junio de 2016

lunes, 28 de marzo de 2016

Club de lectura de PDC, reunión de marzo


Continuamos lendo A punta de pistola, e decatámonos de que na novela está tamén o contrapunto lento e repousado da irmá de Rica, camioneira cunha empresa que vai moi ben. Nas pasaxes en que aparece ela, a novela diminúe o ritmo trepidante que marcan os outros dous personaxes.
Pareceunos tamén moi interesante, amais do ritmo narrativo, a temática de desestructuración social desta familia marxinal.

lunes, 29 de febrero de 2016

Club de lectura PDC. Reunión de febreiro

A finais de febreiro comezamos A punta de pistola, que é pura acción. Esta novela gustounos máis porque a historia transcorre a velocidade de vertixe. Pareceunos estar vendo unha película, unha persecución pola autoestrada. O Balas, protagonista da historia, personaxe violento, marxinal, agresivo e a muller, cómplice do home polo medo que lle ten, van de mal en peor na historia.

lunes, 25 de enero de 2016

Club de lectura PDC. Reunión de Xaneiro

En xaneiro comezamos a lectura de O vixía entre o centeo. Durante seis semanas estivemos léndoo, mais pareceunos moi monótona e pedimoslle á profesora que nolo cambiase. Para nós foi moi subxectivo, tiña pouca acción, era demasiado detallista, incluso a algún de nós nos pareceu que a historia non tiña nin pes nin cabeza.

jueves, 17 de diciembre de 2015

Club de lectura 4º PDC: "O corazón da Branca de Neve"


Os alumnos e alumnas de 4º C leron este interesante libro de Francisco Castro no club de lectura.Todos coinciden en que trata un tema moi actual (o roubo de bebés en centros hospitalarios). 
Tamén coinciden en que o noso escritor utiliza unha linguaxe común, un vocabulario fácil e comprensible. Coa súa narración consegue crear tensión cara ao final de cada capítulo para animar a seguir lendo. 
Mais,  curiosamente, o libro foi do agrado das rapazas, mentres que os rapaces consideraron que foi un pouco aburrido. No que si coinciden todos é que ao final acaba ben. 
Parécevos que o final é o adecuado?
Se queredes escoitar ao propio autor falando da súa obra, non vos perdades o seguinte vídeo!

jueves, 29 de octubre de 2015

Club de lectura 4º C . Pel de lobo




   Os alumnos de 4ºESO C organizaron un club de lectura para este curso. Lerán un libro ao mes (ou en mes e medio) e terán a reunión a finais de cada mes (ou mes e medio).

   Arrancaron coa novela Pel de lobo, de Xosé Miranda. Este título é dos máis coñecidos do autor, que se inspira nos contos tradicionais para escribir algunhas das súas novelas.

   Os alumnos comentaron que ao principio custáballes entender o texto polo vocabulario, mais decontado se mergullaron na novela. Do coloquio salientamos:
- a algúns pareceulles interesante a "velocidade narrativa", parella á velocidade dos lobos nos ataques e nas fuxidas;
- alguén comentou que un pai non pode botar un meigallo aos fillos, e que non é crible a conversión dun humano nun animal, polo que a historia non é crible;
- uns dicían que había que cambiar o final,   outros que había que  deixalo como estaba.
         No que si coincidiron todos foi no chamativo dun personaxe: Rosa (ou Roso) dos Chantos, unhas veces home, outras veces muller.                                                      






sábado, 21 de junio de 2014

II Festa da Lectura

Nesta II Festa da Lectura as actividades que realizamos foron: Primeiro apadriñamentos lectores entre os nosos "leons e leonas de libros" do club de lectura, grupos de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria e os de secundaria con nenos e nenas de infantil e 1º ciclo de primaria.














































 Despois tivemos unha reparadora merendola na biblio con fondue de queixo incluída, biscoito e chuches... algunha das pequenas nos dixo "Pero non era que non se podía comer na biblioteca?". Pois tes razón, pero un día é un día!





Xa ben fartiños tivemos o pracer de recibir a Serafín Marcos, cunha animación en torno á figura de Díaz Castro, na que participamos encantados.






E aproveitamos para entregar algúns dos premios pola portada da revista Xogaina aos seus autores e autoras; aquí nos vedes nas fotos:




Ata a vinderia edición! Boas vacacións a todos e a todas!!!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...