Ola a todos. Saúdos do Club de Lectura de PDC,que este curso aínda non deramos sinais de vida. Pero estivemos lendo, coma todos vós as Memorias dun neno labrego. A verdade é que como o lemos todos xuntos na clase pouco a pouco fómonos enganchando e estabamos desexando que chegase o momento de ler para atoparnos de novo coas cousas de Balbino.
Cando rematamos falamos moito do libro e cada un de nós colléralle cariño a un personaxe distinto, polo que decidimos lembralos neste vídeo que vos deixamos. Non nos quedou gran cousa pero ... que ben o pasamos a idealo e facelo. Que vos guste!
1 comentario:
Vós o que sodes é UNS ARTISTASOS E ARTISTASAS...!
Que ben que vos animedes a facer estes pequenos vídeos. O blog está moito máis dinámico e entretido así!
Susi
Publicar un comentario