viernes, 16 de noviembre de 2012

XURDIRÁ O MEDO NO CAMIÑO? (2º encontro)


Pois claro que o medo pode xurdir facendo o Camiño, nesta segunda reunión do club de lectura do 3º ciclo de primaria as máscaras fantasmagóricas xa nos daban pistas do que podiamos atoparnos. Mirade que pintiña temos algunhas de nós.



 Durante a reunión puidemos:

a)Dar a nosa opinión sobre os posibles sobresaltos que podemos atopar facendo o Camiño Francés por exemplo: a Santa Compaña, as pantasmas e as bruxas. Mas en realidade sabemos que son seres que pertencen ao imaxinario colectivo das xentes. Nas lecturas que fagamos poden aparecer algúns destes seres que inclusive provocarán en nós máis que medo algunha que outra gargallada.

b)Pescudamos que nos edificios (especialmente na igrexas) establecidos nas diferentes aldeas, pobos e cidades do Camiño Francés pódense apreciar esculturas grotescas tales como as gárgolas (do francés gargouille>gargouiller) e tamén algunha que outra quimera.
Utilizadas, a pesares do seu aspecto, para espantar aos seres demoníacos. Ahí queda iso. 

c) Tamén descubrimos a diferenza entre unha gárgola e unha quimera. Cal é? Si vós animades deixade as vosas respostas no blog. Prometemos contestar.



 
Esperámosvos no terceiro encontro do club de lectura do 3º ciclo de primaria, ánimo a todas e a todos. Boas lecturas fantasmagóricas!

15 comentarios:

Anónimo dijo...

QUE PASADA DE CLUB... non quero perderme ningunha reunión máis...! Cando é a seguinte?
...EU TAMÉN QUERO... Susi

Anónimo dijo...

Ola.
Non me gustou moito o libro,porque non o entendín.

Anónimo dijo...

Estou moi encantada co libro de ...
Hallowen que miedo encantoume un mogollón.


Un saudo
Anonimo Valeria 6ºB

Anónimo dijo...

gustoume moito o libro dos espiritus azuis.Nerea 5a

Anónimo dijo...

O libro"escuela de frikis" gustoume moito porque pasan moitas aventuras.

Iris

Anónimo dijo...

Ola.

Gustoume moito o libro que lín,
creo que estaba moi ben.
Eu recomendaríao.



Marta 5º

Anónimo dijo...

Gustoume moito o libro HUGO EN EL
CASTILLO DEL TERROR vai dun grupo de
cazafantasmas que teñen que atrapar
a unha baronesa sangrienta que matou a o seu marido e despois asesinarona

Anónimo dijo...

O libro gustoume moito chamabase "O CHAPAPOTE"POR QUE ERA MOI INTERESANTE...



UXIA:

Anónimo dijo...

Esta moy chula a festa do ano pasado cos nenos DE 6ºA Mario

Anónimo dijo...

Este club esta moi ben acabome de apuntar e estame gustando moito desde que estou aqui Santi

Anónimo dijo...

Eu lin un de GERONIMO ESTILTON chamase HALLOWEN QUE MIEDO gustoume moito aunque non me dou ningun medo pero está ben coma todos os libros de GERONIMO STILTON . LAURA 5b

Anónimo dijo...

Gustame, moito vir ao club de lectura.
E moi divertido, lees libros, e aprendes cousas ao mesmo tempo, e moitas máis cousas.

Xulia dijo...

Eu lin A caza dos ghazafellos e gustoume moitísimo. A verdade é que non pasei moito medo, mais é moi divertido; rin moito con el. Recoméndovos a todos que leades as historias do protagonista e do seu can e tamén que escoitedes o CD.

Xulia, 5º A

Frodo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Frodo dijo...

Prezadas compañeiras do club xa sabedes que neste novo ano 2013, novos candidatos que non asistiron nas primeiras reunións agora están a coller as forzas necesarias dos ghazafellos para candidatarse a ser os números un das lecturas.

Grazas ao esmero das nenas agora os nenos tamén se animan. Légolas e o resto dos meus compañeiros están abraidos polos vosos comentarios teremos que seguir as lecturas que nos recomendades. Gracias a vós dende a terra media lemos máis que nunca.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...