Pois
claro que o medo pode xurdir facendo o Camiño, nesta segunda reunión
do club de lectura do 3º ciclo de primaria as máscaras
fantasmagóricas xa nos daban pistas do que podiamos atoparnos. Mirade que pintiña temos algunhas de nós.
Durante a reunión puidemos:
a)Dar a
nosa opinión sobre os posibles sobresaltos que podemos atopar facendo o
Camiño Francés por exemplo: a Santa Compaña, as pantasmas e as
bruxas. Mas en realidade sabemos que son seres que pertencen ao
imaxinario colectivo das xentes. Nas lecturas que
fagamos poden aparecer algúns destes seres que inclusive provocarán
en nós máis que medo algunha que outra gargallada.
b)Pescudamos
que nos edificios (especialmente na igrexas) establecidos nas
diferentes aldeas, pobos e cidades do Camiño Francés pódense
apreciar esculturas grotescas tales como as gárgolas (do francés
gargouille>gargouiller) e tamén
algunha que outra quimera.
Utilizadas, a pesares do seu aspecto, para espantar aos seres demoníacos. Ahí queda iso.
c) Tamén descubrimos a diferenza entre unha gárgola e unha quimera. Cal é? Si vós animades deixade as vosas respostas no blog. Prometemos contestar.
Esperámosvos
no terceiro encontro do club de lectura do 3º ciclo de primaria, ánimo a todas e a todos. Boas lecturas fantasmagóricas!
15 comentarios:
QUE PASADA DE CLUB... non quero perderme ningunha reunión máis...! Cando é a seguinte?
...EU TAMÉN QUERO... Susi
Ola.
Non me gustou moito o libro,porque non o entendín.
Estou moi encantada co libro de ...
Hallowen que miedo encantoume un mogollón.
Un saudo
Anonimo Valeria 6ºB
gustoume moito o libro dos espiritus azuis.Nerea 5a
O libro"escuela de frikis" gustoume moito porque pasan moitas aventuras.
Iris
Ola.
Gustoume moito o libro que lín,
creo que estaba moi ben.
Eu recomendaríao.
Marta 5º
Gustoume moito o libro HUGO EN EL
CASTILLO DEL TERROR vai dun grupo de
cazafantasmas que teñen que atrapar
a unha baronesa sangrienta que matou a o seu marido e despois asesinarona
O libro gustoume moito chamabase "O CHAPAPOTE"POR QUE ERA MOI INTERESANTE...
UXIA:
Esta moy chula a festa do ano pasado cos nenos DE 6ºA Mario
Este club esta moi ben acabome de apuntar e estame gustando moito desde que estou aqui Santi
Eu lin un de GERONIMO ESTILTON chamase HALLOWEN QUE MIEDO gustoume moito aunque non me dou ningun medo pero está ben coma todos os libros de GERONIMO STILTON . LAURA 5b
Gustame, moito vir ao club de lectura.
E moi divertido, lees libros, e aprendes cousas ao mesmo tempo, e moitas máis cousas.
Eu lin A caza dos ghazafellos e gustoume moitísimo. A verdade é que non pasei moito medo, mais é moi divertido; rin moito con el. Recoméndovos a todos que leades as historias do protagonista e do seu can e tamén que escoitedes o CD.
Xulia, 5º A
Prezadas compañeiras do club xa sabedes que neste novo ano 2013, novos candidatos que non asistiron nas primeiras reunións agora están a coller as forzas necesarias dos ghazafellos para candidatarse a ser os números un das lecturas.
Grazas ao esmero das nenas agora os nenos tamén se animan. Légolas e o resto dos meus compañeiros están abraidos polos vosos comentarios teremos que seguir as lecturas que nos recomendades. Gracias a vós dende a terra media lemos máis que nunca.
Publicar un comentario