Cando a finais do curso pasado decidimos que o proxecto documental integrado para este curso era O Mar e os Océanos buscámoslle un título. Que mellor que atopalo na obra de Avilés de Taramancos. "Alma de Beiramar" xurdiu do seu libro de poemas "A través do espello". Impoñíase un roteiro por Noia adicado ao autor. E velaiquí o tedes:
Comezamos visitando o Museo do Mar de Noia por onde nos guiou Félix González, quen nos relatou a historia que liga Noia e Lousame co mar: Motores Ayón e O Forte; marisqueo e tráfico marítimo. Tamén cal foi a relación de Antón Avilés co mar, utilizando poemas que leron Laura, Lucía, Eva e Alisa. Contounos quen era O Andrucho e vimos tamén a fotografía de Olga, o seu barco, ambos recordados nos poemas e textos de Avilés. Falounos da fauna mariña e dos especimes cos que conta o museo, tanto de cunchas, osos como de fósiles. Por último, levounos a bordo do seu barco co que tivemos que afrontar unha tempestade que puxo a proba as nosas aptitudes como mariñeiros/as.
Atracamos en porto seguro sans e salvos... e moi divertidos!
Despois fomos ata a sede da Editorial Toxosoutos e Gráficas Sementeira, onde nos recibiu D. Manuel González Millares, o seu xerente, quen nos amosou como se imprimían os libros antigamente, e como se fai hoxe en día. Agasallounos ademáis coa "Aproximación didáctia á obra de Antón Avilés de Taramancos" do que están a publicar a súa segunda edición.
Posteriormente o noso roteiro transcurriu polo centro de Noia, con parada na Praza do Tapal, onde lemos fragmentos dos artigos "Noia" e "Os tempos do wolfram" do libro recopilatorio Obra Viva
Pasamos despois pola Tasca Típica, negocio que rexentara Avilés no seu retorno a Galicia, e alí esperábanos unha sorpresa: Santiago Avilés Baquero tivo a amabilidade de acercarse para falarnos da figura do seu pai e responder ás preguntas que sobre el lle fixemos.
Pola tarde, despois do xantar na Pizzería Venecia dirixímoso á última parte do noso roteiro: A visita ao Pazo Varela Radío onde as palabras do seu propietario D. Manuel Varela Uña guiáronnos dende as páxinas do seu libro ""De memoria. A fuerza de tiempo" do cal lemos un fragmento que describe a casa e a monumental entrada
Manuela Suárez amosounos os xardíns: as palmeiras e araucarias, as dúas bidwilliis (ver 22F), os magnolios, camelias, satíns, fayas, loureiros etc... Deunos tempo a descansar nos miradores, cantando repichocas e lendo os artigos: "Elexía de vellas árvores e antigos perfumes" e "O noso mar: unha leira que ninguén traballa" de novo do libro Obra Viva. Por último rematamos o roteiro coa lectura do poema "A Cerdeira" do libro Cantos Caucanos.
Creo que nos soubo a pouco, de modo que aquí vos deixo coa propia voz de Antón Avilés de Taramancos, quedan nas vosas mans os seus libros para que os gocedes.
O noso máis sinxelo agradecemento a Félix, Manuel, Goretti, Ángel, Óscar, Santiago, Veiras, Manuela e acompañantes polo seu apoio, o seu saber e o seu tempo.
3 comentarios:
¡Qué chulada!
Esta excursion fue fantastica y muy divertida mola muchisimo. Noelia Salanova García.
Yo no fui pero creo que si fuera que seria lo mas. María Pérez Rodrígez.
Lo pasamos genial fue fantástico lo que mas nos gusto fue cuando fuimos al museo del mar todo era impresionante parecía que estabas en un barco y nos gusto mucho el pazo del marques desde allí se veía el mercadona ¡que chachi piruli! moló mucho.
Publicar un comentario